HomeCulturaUn 8M de galegas ilustres no IES A Pinguela

Un 8M de galegas ilustres no IES A Pinguela

O IES A Pinguela celebrou o Día da Muller contando coa figura de 8 galegas ilustres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para celebrar o Día Internacional da Muller, o centro de ensino monfortino organizou a busca do tesouso e para iso contouse coa colaboración de A Bella Otero, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, María Pita, Maruja Mallo, Isabel de Barreto, Egeria e dona Emilia Pardo Bazán.

Do xogo homenaxe resultou gañador o equipo 3 de 4º ESO, que recibiu do Centro Comercial Urbano un premio de 50 euros por integrante para mercar en calquera comercio asociado de Monforte.

Para esta experiencia contouse coa colaboración de alumnado e profesorado das familias profesionais de Téxtil (ciclos de Calzado e Confección), Imaxe Persoal (Peiteado, Estética e Estilismo, Informática (Sistemas Microinformáticos e DAW) e Administración (Xestión, Administración e Finanzas e Asistencia á Dirección), “ós que lles agradecemos a implicación e esforzo realizado para o maior lucimento da actividade”, aseguran desde o centro.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...