HomeCulturaOlga Novo acompaña a María Sánchez para presentar este mércores na Pobra...

Olga Novo acompaña a María Sánchez para presentar este mércores na Pobra do Brollón “Fuego la sed”

Este mércores 13 de marzo ás 20:15, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na Pobra do Brollón, acolle a presentación do segundo poemario de María Sánchez, Fuego la sed. A presentación será en formato conversa coa poeta guímara, Olga Novo, Premio Nacional de Poesía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Fuego la sed, editado por La Bella Varsovia, é o segundo poemario de María Sánchez tras Cuaderno de campo. Veterinaria e escritora cordobesa actualmente afincada no Saviñao, María Sánchez tamén é autora do ensaio Tierra de mujeres. Nos seus textos, presenta unha visión do mundo rural lonxe de estereotipos e defende unha relación máis respectuosa coa terra e a biodiversidade. 

En Fuego la sed, Sánchez explora a nosa relación co noso entorno e como as decisións humanas repercuten no territorio en tempos de emerxencia climática. Segundo le a sinopse, “Nos poemas de Fuego la sed toman a palabra os corpos e os lugares para contarnos a historia dun perigo: o que axexa a un mundo –o noso– que se extingue.” 

O evento é de acceso libre. Haberá un posto de venda de exemplares

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...