HomeCulturaXisco Feijóo, esta tarde en Quiroga

Xisco Feijóo, esta tarde en Quiroga

A partir das 19:00 h. na Casa da Cultura do Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga acolle esta tarde un concerto de Xisco Feijóo. Baixo o título de “Traede Ferralla” o cantante presenta este traballo na Casa da Cultura a partir das sete da tarde, música tradicional cun toque de modernidade.

Xisco Feijóo é cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo e coordinador da sección de canto da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu.

A súa carreira musical e ampla. Durante máis de trinta anos fixo un incesante traballo de recuperación etnográfica e colaborou en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto e Rodrigo Romaní, entre outros. , atrévese lanzando este traballo discográfico chamado PEIXE.

Ademais co seu traballo discográfico chamado “Peixe” foi premiado como Mellor Canción do ano 2021 nos premios aRi[t]mar.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...