HomeCulturaCando o rico patrimonio dos nosos antergos se vende por Internet a...

Cando o rico patrimonio dos nosos antergos se vende por Internet a estranxeiros

O pazo de Neira, no Páramo, é un edificio do século XV. Véndes por 2,5 millóns de euros.

Publicado o

- Advertisement -

Edificios e pazos históricos dende 225.000 euros até máis de 2 millóns, ou aldeas a prezo de saldo fan de Galicia un dos mercados máis atractivos para investidores foráneos que buscan aquí grandes oportunidades lonxe do habitual e saturado mercado inmobiliario do Mediterráneo, xa sexa de luxo ou para bulsos menos podentes. E todo, a través de Internet, sen tan sequera moverse da casa.Moito deste patrimonio á venda está no sur da provincia de Lugo e tamén na montaña.

No sitio web galicianrustic.com pódese mercar desde simples casas até un castelo, pazos, casas señoriais e aldeas abandonadas ou semiabandonadas. Coa súa sede en Rábade (Lugo), esta empresa foi creada polo británico Mark Adkinson e a galega Rosa M. Costoya. O seu principal argumento de venda é: “Investir en Galicia hoxe é investir nun futuro máis san, calidade de vida, tranquilidade e benestar”.

Pero tamén venden un país idílico, cun “estilo de vida que é asequible a case todo o mundo, onde no hai masas, onde no hai batifondos de tráfico, onde no hai violencia superflua, un baixo nivel de criminalidade e, especialmente, dúas cosas: paz e natureza”. Así, teñen á venda  varias aldeas ou núcleos abandonados. 

Aldea do Cebreiro abandonada / elcuartodelostrastosdeaxel.blogspot.com

ALDEAS ABANDONADAS

Un atópase preto do Cebreiro. Trátase dun terreo amurallado no corazón da Reserva Natural do Courel de 12.380 metros cadrados.

A estrutura principal, din, aseméllase a un pequeno asentamento celta, arrodeado de muros de pedra. Dentro dos muros áchase a casa principal de tres plantas de 531 metros cadrados que se remonta a 1885 e foi construída en pedra. Tamén conta cun forno e unha forxa de 72 metros cadrados, un hórreo, un alpendre de 68 metros cadrados e tres casas de pedra de 280, 148 e 194 metros cadrados, distribuídos en dúas plantas en cada unha, onde vivir e gardar o gando. Na parte traseira da leira hai 9.000 metros cadrados de terra cultivable, castiñeiros, hortos…

A poucos metros atópase unha segunda parcela, de 2.638 metros cadrados de terreo cultivable e un muíño de 33 metros cadrados onde o gran foi moído ata hai pouco. Inclúese ademais un proxecto orixinal (que o comprados pode recibir baixo demanda) para a recuperación da antiga forma de vida rural.

O proxecto conta cun subsidio aprobado pola CEE (LEADER) do 40% para a rehabilitación e o inicio do proxecto (opcional). O seu prezo: 265.000 euros.

O mesmo portal ten á venda outra aldea semiabandonada en Pantón, na Ribeira Sacra. Trátase dun conxunto de tres casas e un muíño que tamén foi casa, ademais de 20,000 metros cadrados de leiras e 48,000 en montes próximos. As leiras chegan ata o rio e inclúen o muíño, que aínda está en bo estado con toda a súa maquinaria. As casas tiveron electricidade e teñen auga. O seu prezo: 130.000 euros.

Pazo de Neira, no Páramo, en venda nun portal de Internet destinado a estranxeiros, principalmente ingleses / brujuleando

PAZO DE NEIRA, NO PÁRAMO

Entre os pazos á venda tamén destaca, polo seu valor económico, un convertido en hotel rural e edificado orixinalmente no século XV, sendo restaurado en varias ocasións ao longo da súa historia. Trátase do Pazo de Neira, no concello do Páramo (Lugo), rodeado de ríos e bosques. O pazo consta dun edificio principal, con dúas plantas de 700 metros cadrados cada unha, máis unha serie de edificios adicionais que orixinalmente eran cortellos e hoxe poden utilizarse para calquera uso, incluído o residencial.

Conta ademais cun xardín amurallado de 1.600 metros cadrados e case dúas hectáreas de terreo onde existe un viñedo, con 400 cepas de uva Mencía e outras 100 parras de albariño.

Actualmente atópase totalmente preparado para o seu uso habitual, como hotel rural con todas as licenzas e permisos en orde. A oferta de aloxamento consiste actualmente en seis apartamentos completos e totalmente individuais, con capacidade para 2/4 persoas. Independentemente, tamén hai unha casa para residencia dos propietarios. Máis nesta reportaxe do Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...