HomesociedadePrazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

O Concello de Monforte vén de abrir o prazo de inscrición para participar na 25ª edición da Mostra Artelemos. Ata o día 10 de xuño os artesáns e artesás interesados en expoñer deben de formalizar a súa inscrición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta ocasión do día 1 ata o 6, na rúa Cardeal, como ben sendo habitual. O horario durante os seis días da Mostra Artelemos será de 10:00 a 14:00 e 18:00 a 22:00 horas e poderán participar aqueles/as artesás/áns coa carta de artesanía emitida, e/ou taller dado de alta como artesán/á, tendo estes últimos prioridade, así como aqueles de Monforte e a comarca Terra de Lemos, e inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

“Nesta mostra”, salienta o Alcalde, José Tomé Roca, “poderemos atopar gran variedade de disciplinas artesanais. Participarán na mesma un número total de 30 artesán/áns podendo ofrecer unha variada gama de produtos que van dende orfebrería, cestería, coiro, lá, cerámica, olería de Gundivós e outras expresións artísticas tradicionais… ademais os visitantes que se acheguen a desfrutar desta nova edición de Artelemos, poderán ver en vivo a elaboración de pezas que os propios artesáns realizarán así como a participación de obradoiros para nenos/as.”

Dende o Concello animan aos artesáns a participar desta cita, “que supón un escaparate único para poder mostrar os seus produtos e explicar directamente aos visitantes da Mostra, a súa elaboración. Deste modo, pódese apreciar con mais claridade a complexidade e traballo dos produtos artesáns, axudando a darlles o verdadeiro valor que teñen”.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...