HomeCulturaEspectáculo musical e teatral para público infantil en Monforte

Espectáculo musical e teatral para público infantil en Monforte

Trátase da obra 'Palabras' da compañía Baobab Teatro que se representa este domingo 12 de maio ás 18:00 h. no Edificio Multiusos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o Concello de Monforte programa para este domingo 12 de maio ás 18:00 no Edificio Multiusos a posta en escena da obra para público infantil Palabras, da compañía Baobab Teatro. Estamos a falar dunha obra composta por Andrea Bayer e dirixida por Andrea Bayer e Óscar Ferreira que conta coa interpretación de Iria Piñeiro, Andrea Bayer e Davide González.

Con esta obra, o Concello de Monforte remata o seu ciclo de teatro do primeiro semestre deste ano 2024 no que se programaron 8 pezas teatrales.

O prezo da entrada xeral para esta obra é de 5 euros e de 3 para desempregados, xubilados e estudantes.

SINOPSE

Palabras, é un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos/as da casa onde as palabras e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega, recomendado para nenos/as de 1 a 8 anos.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...