HomeCulturaO 20 de maio abre a inscrición para acceder ó Conservatorio Municipal...

O 20 de maio abre a inscrición para acceder ó Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez

O prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal de Monforte “Mestre Ibáñez” para o curso académico 2024/2025, nos distintos cursos e especialidades ofertados, abrirá dende o vindeiro 20 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prazo para inscribirse na proba acceso ao 1º curso de ensinanzas elementais (proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos) será do 3 ó 24 de xuño. A proba de aptitude musical terá lugar o día 25 de xuño ás 12:00h.

O prazo para inscribirse na proba de acceso ao 1º curso de grao profesional (pase de grao) será do día 20 de maio ó 10 de xuño. Esta proba de pase de grao terá lugar o día 11 de xuño ás 16:00h.

O prazo para inscribirse na proba de acceso a outros curso das ensinanzas elementais ou profesionais será do 3 ó 17 de xuño. Esta proba terá lugar o día 19 de xuño ás 16:00h.

Nestes tres casos, a inscrición será gratuíta e poderase facer presencialmente na secretaría do centro ou accedendo á “Solicitude proba de acceso” na sede electrónica da páxina web do Concello de Monforte. Para elo, haberá que descargar o impreso de solicitude de inscrición e de autoliquidación, e envialos debidamente cubertos e no prazo establecido ó correo do centro conservatorio@concellodemonforte.com.

Especialidades ofertadas curso 2024/2025

  • Piano                       
  • Guitarra                           
  • Trompa
  • Clarinete      
  • Violín                                            
  • Trompeta
  • Saxofón                   
  • Percusión                       
  • Trombón de varas

Matrícula

O prazo de renovación de matrícula para o vindeiro curso 2024/25, será do 7 ó 17 de xuño.

O prazo de matrícula para o novo alumnado que supere o acceso ó vindeiro curso 2024/25, será do 12 ó 28 de xuño.

Para mais información, os interesados e interesadas poden contactar co Conservatorio Municipal a través do teléfono 982 403 893, no Correo electrónico: conservatorio@concellodemonforte.com, e o horario de atención presencial na secretaría do centro será de 10:00 a 14:00 horas.

ÚLTIMAS

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...