HomeCulturaMellores condicións para o alumnado da Casa da Música de Chantada

Mellores condicións para o alumnado da Casa da Música de Chantada

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo asina convenio coa Asociación Casa da Música de Chantada para unha mellora nas condicións dos 500 estudantes cos que conta este centro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a Casa da Música de Chantada, onde forman a nenos e nenas de 4 anos ata adultos de 90 anos de idade, promoven a mestura de instrumentos e a realización de Combos, permitindo a creación de pequenas agrupacións que, posteriormente se dan a coñecer en pequenos concertos. Anualmente celebran o Acto de fin de curso no que o estudantado dá a coñecer os avances e o traballo realizado durante o curso.

O Vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, mantivo un encontro con representantes da entidade para coñecer o traballo que levan a caboe felicitounos polo seu traballo e polo “esforzo por potenciar e dar a coñecer a música entre todas as xeracións da vila. Sodes un referente e co voso traballo e as agrupacións que promovedes entre o alumnado, conseguides que Chantada teña un nome na cultura musical da provincia pero tamén de Galiza”.

Pablo Dafonte, Presidente da Asociación Casa da Música de Chantada, asegura que este acordo coa área de Cultura “representa a posibilidade de saír tocar fóra das nosas aulas, porque a música non é só ensaiar. Permítenos poñer en marcha diferentes actividades e dotar á escola de mellores equipamentos, adquirindo instrumentos ou equipos de son, entre outros”. Celebrou tamén que con este acordo os músicos e músicas que forman os Combos van poder desprazarse e actuar noutras localidades para dar a coñecer a súa música.

Outras actividades que desenvolve a entidade son concertos en centros educativos para fomentar a música entre o estudantado e batukadas ou concertos de gaitas nas rúas de Chantada. No caso da banda de gaitas, cuns 60 membros, tamén fan encontros estatais e internacionais con outras agrupacións.

ÚLTIMAS

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...

“Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”, a exposición na igrexa nova de Chantada

A igrexa nova de Chantada acolle ata o 20 de abril a exposición "Coreografías...