HomeCulturaO Colexio de Sober, único da provincia, distinguido polo seu voluntariado de...

O Colexio de Sober, único da provincia, distinguido polo seu voluntariado de lectura

O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober, un dos dez centros de Galicia e o único da provincia de Lugo que consegue ser seleccionado polas súas experiencias de Voluntariado de lectura na Biblioteca Escolar Primaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta concédelle unha asignación de 600 euros, que terá que destinar ao desenvolvemento dun obradoiro especializado para aqueles alumnos e alumnas que ao longo do curso tiveran un papel protagonista dentro do grupo de voluntarios e voluntarias.

Esta experiencia é un programa de voluntariado no que o alumnado de 5° e 6° de Primaria dedica parte dos recreos de todo o curso a ser biblioaxudantes da biblioteca escolar.

Desde o centro recoñecen “estar moi contentos” porque este programa lles axuda a ser máis responsables, xa que teñen que cumprir as súas quendas e “facer cumprir” as normas da biblioteca; fomenta a solidariedade en canto que implica a renuncia dalgúns dos seus tempos de lecer en favor dos compañeiros e ademais potencia a empatía, pois tamén axudan aos máis pequenos no uso de medios tecnolóxicos, dos escornabots e median se xurde algún tipo de conflicto. O Concello de Sober felicita ao centro por este recoñecemento.

Voluntariado de lectura na Biblioteca Escolar Primaria / Concello de Sober

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...

104.000€ para a estrada provincial en Pantón que vai de Següín aos Peares por Pombeiro

O proxecto do que se encargará a empresa OPAGA 003 SL, inclúe a rehabilitación...

Máis de 230 persoas participan o 15 de marzo no V Xacorun Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, interviu na presentación da proba xunto con...

Quiroga eleva o nivel da súa ‘Mostra do Aceite’ cun congreso e chefs como Javier Olleros, con 2 estrelas Michelín

Esta fin de semana Quiroga exaltará o seu Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE)...