HomesociedadeInscricións para o Campamento de Verán de Pantón ata o 14 deste...

Inscricións para o Campamento de Verán de Pantón ata o 14 deste mes

A casa da cultura de Pantón acolle ata o 15 de xuño, a exposición “Chicas nuevas 24 horas”, que denuncia a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual e que está impulsada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Ademais o 13 de xuño ás 20:00h proxectarase na casa da cultura de Pantón o documental co mesmo título dirixido por Mabel Lozano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concellaría de cultura do concello de Pantón organiza para a tempada estival, campamentos de verán para ofrecer actividades de lecer para os máis novos e axudar á conciliación familiar fóra da época lectiva.

O campamento de verán de Pantón desenvolverase nos meses de xullo e agosto de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 agás os festivos, con diferentes actividades que se estruturan en quincenas e destínase ás nenas e nenos nadas/os entre 2012 e 2020.

O prazo para inscribirse nas diferentes quincenas ábrese desde este luns, 10 de xuño, ata o venres, 14 de xuño. As inscricións faranse na casa da cultura en horario de 10:00h. a 20:00h. As prazas son limitadas, tendo prioridade as nenas e nenos empadroados no concello de Pantón. O prezo por quincena é de 20€ por nena/neno e de 30€ se se trata de máis dun neno/a da unidade familiar.

“Chicas nuevas 24 horas”

Desde novembro a mostra percorre diferentes municipios e institutos galegos para achegar a necesaria denuncia sobre a compra e venda de mulleres e nenas para a súa explotación sexual. Unha actividade enmarcada dentro das realizadas pola Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero, no marco do Acordo de Colaboración asinado coa Federación galega de Municipios e Provincia de Galicia.

A exposición de fotografías completarase coa proxección do documental do mesmo nome, escrito e dirixido por Mabel Lozano. Nel danse a coñecer as vivencias e situacións de diversas mulleres e nenas que, desde localizacións tales como, España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai, dan o seu testemuño sobre esta secuela social. A proxección farase o día 13 ás 20:00h na casa da cultura de Pantón. Nesa xornada, ás 19:30h. está previsto facer visita guiada á expoción, como prólogo á proxección.

ÚLTIMAS

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...