HomeCulturaFoliada Guímara este venres en Fornelas

Foliada Guímara este venres en Fornelas

Fornelas, parroquia da Pobra do Brollón, acolle unha nova Foliada Guímara este venres, 14 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón co obxectivo de descentralizar a programación cultural dinamizando as distintas parroquias, así como ofrecer un espazo no que o alumnado da Escola municipal de Música Samoeiro poidan poñer en práctica o aprendido durante o curso. 

Nesta ocasión, a foliada será o venres, 14 de xuño, a partir das 20:15, no local social da Asociación Veciñal ‘A Fonte da Freita’ de Fornelas. O evento estará amenizado pola música da agrupación chantadina Dakidoasma.

A foliada é de entrada libre e gratuíta. Os veciños serán os encargados de poñer a barra e ademais convidarán a un caldo, polo que dende a organización animan aos asistentes levar cunca e culler

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...