HomeCultura1º Certame de "Relatos Manuscritos" Peruchela Edicións en Monforte

1º Certame de “Relatos Manuscritos” Peruchela Edicións en Monforte

O prazo de entrega de orixinais a concurso comeza o 23 de xuño e remata o 23 de agosto tendo que estar as obras literarias escritas a man e con tinta azul.

Publicado o

- Advertisement -

A libraría-editorial Peruchela Edicións, de Monforte de Lemos, coñecida polas súas presentacións de libros e por apoiar a autores noveis nas súas publicacións, vén de presentar unha nova idea para “incentivar e recompensar a creatividade literaria”.

Trátase do “1º Certame de Relatos Manuscritos”, concurso que abre á participación dende o 23 de xuño ao 23 de agosto de 2024. E si, leron ben, os relatos teñen que estar escritos a man e con tinta azul.

BASES DO CONCURSO

Poderán participar todas as persoas que o desexen a partir de 8 anos, establecendo 2 categorías: unha para nenos e nenas entre 8 e 14 anos, e outra para maiores de 15.

Os relatos deberán estar escritos en galego ou castelán, ser orixinais e inéditos, escritos a man con tinta azul, de tema libre e cunha extensión máxima de dúas páxinas.

As obras orixinais a concurso teñen que chegar escaneados a través do correo electrónico edicion@peruchela.es, entregarse en persoa en sobre pechado ou por correo ordinario facendo constas 1ª Certame de Relatos Manuscritos Peruchela Edicións ao enderezo. Rúa Doutor Casares, 58, 27400 Monforte.

Datos a facilitar no envío ou entrega: Nome, apelidos e correo electrónico. Pódese usar pseudónimo.

Máximo de obras a concurso: Dous relatos por participante, en diferentes idiomas.

Os participantes ceden os dereitos de publicación dos relatos para a posible edición dun libro do certame pola Libraría, Peruchela Edicións.

SELECCIÓN DE RELATOS

Os relatos serán valorados nun 50% pola calidade manuscrita e noutro 50% polo seu contido e calidade literaria, valoración que realizará un xurado composto por tres persoas vencelladas co mundo das letras.

O fallo do xurado darase a coñecer na web www.libreriapelayo.com nas redes sociais e en medios de comunicación, prensa e radio, dúas semanas despois da data de finalización do prazo de entrega. Así mesmo, comunicarase convenientemente a data e o lugar de entrega dos premios.

PREMIOS

Categoría Infantil: 1º Premio 100€, 2º Premio 70€, 3º Premio 30€

Categoría Adultos: 1º Premio 100€, 2º Premio 70€, 3º Premio 30€

Os premios poden trocarse por material escolar, libros ou artigos da tenda. Se hai máis de 30 relatos, publicaranse pola Editorial organizadora no mesmo formato que foron recibidos e distribuirase gratuitamente un exemplar aos participantes.

ÚLTIMAS

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...