HomeCulturaPantón remata o Servizo de Conciliación e prepárase para comezar o Campamento...

Pantón remata o Servizo de Conciliación e prepárase para comezar o Campamento de Verán

O Campamento de Verán de Pantón desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto en horario de 10:00h. a 14.00h. Inclúese na actividade o servizo madruga que terá horario de 9:00h. a 10:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, 21 de xuño, coincidindo co final de curso escolar, o Concello de Pantón celebraba o remate do Servizo de Conciliación. Esta actividade que se desenvolve en horario de 8:00 a 9:45 durante a época lectiva do alumnado, atendeu a 17 rapaces/zas.

Con este servizo desde o Concello de Pantón búscase axudar á conciliación das familias con nenos/as en idade escolar. Coa mesma intención organízase na tempada estival o Campamento de Verán, que dá servizo a nenos e nenas durante o período vacacional.

Por outra banda case medio cento de cativos/as participarán do Campamento de Verán de Pantón. Proposta que se desenvolve por quincenas con variadas actividades de lecer para a infancia como explica a concelleira de cultura, Cristina Domínguez, “Contaremos con obradoiros, disfraces, xogos ao aire libre, excursións e saídas polo concello, cine, búsquedas do tesouro, xogos de agua, actividades deportivas,…todo tendo a selva como temática de fondo, o que convertirá aos nosos nenos e nenas en aventureiros/as que aprenderán xogando e divertiranse coñecendo máis do seu municipio”.

Servizo Conciliación Pantón / Concello de Pantón

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...