HomeCulturaUn catálogo e a obra 'Todo é ilusión' amplían a pegada do...

Un catálogo e a obra ‘Todo é ilusión’ amplían a pegada do proxecto Historia do Futuro no Pazo de Tor

O Pazo de Tor acolleu a presentación do catálogo da exposición “Historia do futuro” de Pamen Pereira e Che Marchesi.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A publicación recolle, a través de fotografías e textos, as nove obras que forman a mostra, resultado da intervención artística dos que os seus relizaron nas diferentes estancias do Pazo, desde os cuartos das mulleres do servizo ata o cuarto da señora pasando pola capela ou o cuarto no que o poeta Uxío Novoneyra descansaba nas súas visitas ao Pazo, ofrecendo novas formas de achegarse á historia do edificio e das persoas que o habitaron.

O catálogo inclúe textos do historiador da arte e divulgador Miguel Ángel Cajigal, do poeta  Karlotti Valle e do cofundador e socio da Sociedade Galega de Historia Natural e gaitiro Xan Silvar. Durante a presentación, a deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, destacaron a fonda pegada que Historia do Futuro deixa en Tor e agradeceron a dedicación e a sensibilidade coa que Pamen Pereira e Che Marchesi afondaron na historia do Pazo creando, a través das súas obras, unha narrativa que nos achega á memoria silenciada dos habitantes que, por razón de clase, identidade sexual, relixión ou orixe quedaron excluídas da historia rexistrada.

Unha das obras, Todo é ilusión, a instalación de efectos ópticos no armario dos xoguetes do cuarto da nodriza, pasará a formar parte da exposición permanente do Pazo do Tor, ao ser adquirida pola Rede Museística Provincial, que segue ampliando os seus fondos de artistas femininas contemporáneas.

Historia do Futuro catálogo presentación / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...