HomeCulturaInteresante axenda cultural e de lecer en San Clodio

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

A Concellería de Cultura de Ribas de Sil presenta un amplo programa de actividades que comezaron este venres 26 de xullo e que se alongarán ata o 16 de agosto. Realizaranse en San Clodio, na Praia Fluvial e na Praza do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes actividades culturais e de lecer que axuden a cubrir as axendas de veciños e visitantes. Para iso, vén de presentar días atrás unha programación na que se combinan propostas para a cativada, con propostas familiares e algunha para público adulto.

Este venres 26 de xullo comezou o ciclo cun espectáculo de narración oral a cargo de Caxoto no Anfiteatro da Praia Fluvial.

A seguinte actividade levará, ao mesmo escenario que o anterior, unha proposta do mago Dani Polo baixo o título “Combina”. Trátase dun espectáculo que combina maxia, humor e participación do público.

Dani Polo. Foto: Facebook Dani Polo.
ACTIVIDADES EN AGOSTO

O 3 de agosto volve a narración oral tamén ao anfiteatro da Praia Fluvial de San Clodio coa contadora Raquel Queizás. Poñéndose na pel dunha peregrina, esta ten que gañarse o sustento actuando para a xente que está aloxada na pousada.

Días despois, o 14 de agosto preséntase cunha xornada completa pensada especialmente para a cativada. Na Praia Fluvial haberá inchables en horario de mañá e de tarde; das 11 ás 14:00 horas pola mañá e das 17:30 ás 19:30 h. pola tarde. Para as 20:00 h. outra proposta interpretativa a cargo de Animar-T Teatro na que se contará “A historia de Martín”, relato sobre a hiperactividade e a capacidade de cambiar o mundo dende un mesmo e poñendo en xogo os valores. O remate a esta xornada poñerao Estefanía Fernández, a monfortina de La Voz Kids, cun concerto na Praza do Concello ás 23:00 h.

O día 15 de agosto, tamén na Praza do Concello e ás 23:00 h. está programado un concerto da Banda de Música de Lourenzá; e o venres 16 na Praia Fluvial terá lugar o III Rock & Viño, coa banda de rock Doc Magoo’s como protagonista ofrecendo un concerto pola noite.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...