HomeCulturaXira de humor do actor e monologuista Alberte Montes na Ribeira Sacra

Xira de humor do actor e monologuista Alberte Montes na Ribeira Sacra

O actor e humorista Alberte Montes, orixinario dos Anguieiros no Concello de Quiroga, está de minixira estes días pola Ribeira Sacra. Chega aos Concellos de Pantón e de San Xoán de Río para presentar o seu novo espectáculo: Patrón

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alberte Montes estará este venres, 9 de agosto, ás 22:00 na Praza do Concello de Pantón, e o sábado 10 ás 20:00 h. no Centro Social de San Xoán de Río. Neste último concello chega a través do circuíto REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense) que cofinancia a Deputación de Ourense.

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura popular galega. Ese cabeza de familia, xefe da cuadrilla, ese pureta que se cre máis e con máis poder do que en realidade ten.

Alberte vaise facendo maior e cre estar entrando nun proceso de “empatronamento”. Tics, manías, xeitos de facer estanlle marcando o camiño. A súa vida cambiou un chisco nos últimos tempos. Vai quedando atrás o Alberte mozo, que saía un martes e non tiña resaca o mércores, que durmía máis cas mantas ou que non tiña que preparar o IVA trimestral.

Neste espectáculo, Alberte tamén renderá tributo ó patrón de referencia, seu pai.

Alberte, actor e humorista

Alberte é actor e cómico. Como cómico supera as 1.000 actuacións en directo e colocou varios monólogos para CENTRAL DE CÓMICOS, formato de moda hai anos en Comedy Central. Ten actuado xunto a cómicos coma Ignatius, Toni Moog ou Carlos Blanco.

Colaborou en programas de humor como BUENAS NOCHES Y BUENAFUENTE ou EN EL AIRE de El Terrat, e outros da TVG, entre os que destacan LAND ROBER ou LUAR.

Na súa faceta de colaborador e reporteiro participou dos programas LOS LUNES AL GOL e LOS INFILTRADOS ámbolos dous da canle Gol TV, e na Cadena SER. Actualmente colabora cunha sección semanal nun programa de Ràdio 4, de RNE en Catalunya.

Na Televisión de Galicia protagonizou series de comedia como DO DEREITO E DO REVÉS e AUGASQUENTES e foi un dos protagonistas de FARIÑA (Netflix/Antena3). Interveu ademais en VIDA PERFECTA ou MATAR AL PADRE, ámbalas dúas de Movistar+. E tamén formou parte do elenco de EL PUEBLO (Amazon/Telecinco) en 2 tempadas. 

Alberte tamén traballa como presentador, guionista, director, creativo publicitario e locutor. Nesta última faceta salientar o Podcast ‘Bueno Carallo Bueno’ que saca adiante xunto co politólogo Silvio Falcón.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...