HomeCulturaSamos celebrou a XXIV Feira de Artesanía

Samos celebrou a XXIV Feira de Artesanía

O evento, no que participaron preto de 30 expositores, incluíu a lectura do pregón, a cargo da médica de familia e presidenta da Asociación Cultural Peleriños de Sarria, Milagros Núñez e o tradicional xantar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputada de Muller a Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, asistiu este domingo á vixésimo cuarta edición da Feira de Produtos Artesanais, do concello de Samos.

A institución provincial colabora con esta cita, organizada pola Asociación de Comerciantes e Artesáns deste municipio, cunha achega económica de 4.000€ a través de Plan Deputación 2024. A esta xornada, que reuniu a numerosos veciños e turistas, tamén asistiu o Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, entre outras autoridades.

O evento, no que participaron preto de 30 expositores, incluíu a lectura do pregón, a cargo da médica de familia e presidenta da Asociación Cultural Peleriños de Sarria, Milagros Núñez e o tradicional xantar. Ademais, durante toda a xornada a veciñanza puido desfrutar de diversas demostracións de artesanía, obradoiros e actuacións musicais de diferentes grupos folclóricos que amenizaron a cita.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Monforte pola fonte do Parque dos Condes

A voceira popular, Katy Varela, esixe a José Tomé “recapacitar e deter” estes traballos...

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...