HomeCulturaChantada, todo corazón e o Folión de Carros a exposición na Casa...

Chantada, todo corazón e o Folión de Carros a exposición na Casa da Cultura de Chantada

Casa da Cultura de Chantada acolle durante este mes de agosto dúas mostras que teñen como protagonista Chantada. O horario de visita é de luns a venres de 9:00h. a 15:00h. e de 16:00h a 18:00h; e os sábados, domingos e festivos de 10:00h a 14:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante todo o mes poderase visitar, “Chantada, todo corazón” de Ana Seijas. Esta chantadina afincada en Málaga desde hai anos comezou a pintar como afeccionada no 2002. Despois de varias exposicións colectivas no 2012 fai a primeira exposición individual na Casa da Cultura de Chantada. Nesta ocasión regresa á súa vila natal cunha mostra baseada en vivencias e imaxes de Chantada.

Ademais desde o día 8 deste mes e ata o día 31 cóntase coa exposición “Creación Artística e Festas Tradicionais”, que pon o foco no Folión de Carros, incluindo maquetas, carteis e xugos. Estas pezas poderán verse dentro da Casa da Cultura, mentres que no exterior contarase cunha mostra de carros.

A Asociación Amigos do Folión, promotora da exposición monta outra na Praza do Mercado, ligada á memoria do Folión de Carros. Esta mostra está financiada polo Instituto de Patrimonio Cultural de España, dependente do Ministerio de Cultura e tamén se poderá visitar ata o 28 de agosto.

Carros exterior Casa Cultura de Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...