HomeCulturaA Fundación Legar para a Preservación da Música de Raíz presenta no...

A Fundación Legar para a Preservación da Música de Raíz presenta no Concello de San Xoán de Río o seu proxecto

O Concello de San Xoán de Río celebrou recentemente unha reunión coa Fundación Legar para a Preservación da Música de Raíz, onde se presentou formalmente a entidade e se expuxeron as súas principais actividades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A fundación, liderada por Xavier Blanco, un investigador, mestre gaiteiro, artesán e técnico en cultura tradicional, ten como obxectivo principal a difusión e promoción da preservación, conservación, mellora, protección, vixilancia e desenvolvemento da música de raíz.

Xavier Blanco, fundador e herdeiro da sabedoría da saga familiar dos Soledás, leva máis de 40 anos percorrendo vilas e parroquias de Galicia. Durante este tempo, dedicouse a gravar e catalogar un amplo arquivo de documentación relacionada coa nosa cultura tradicional, que inclúe un extenso repertorio de arquivos sonoros, partituras e fotografías recollidas de mestres, músicos e maiores, todos eles portadores dunha tradición transmitida oralmente de xeración en xeración.

A fundación anunciou durante a reunión a inminente inauguración dun centro museográfico de instrumentos de raíz na Aldea Seara, situada nas montañas do Courel. Este centro será un espazo dedicado á preservación e difusión dos instrumentos musicais tradicionais galegos.

Ademais, a Fundación Legar presentou varias das súas actividades culturais que inclúen:

  • Aí ven o afiador: unha actividade que pon en valor a figura dos afiadores, oficios tradicionais moi vinculados a esta terra.
  • Concertos didácticos de música de raíz: eventos que buscan achegar a música tradicional ás novas xeracións.
  • Rutas sonoras: percorridos que permiten descubrir os sons e a música propia de distintas vilas.
  • Obradoiros de confección de instrumentos de raíz: talleres prácticos onde se ensina a confección de instrumentos musicais tradicionais.
  • Programación para escolares: actividades educativas dirixidas a escolares, co obxectivo de transmitir a cultura e a música tradicional desde idades temperás.

O Concello de San Xoán de Río valora positivamente a colaboración coa Fundación Legar e anima á cidadanía a participar nas actividades propostas, contribuíndo así á preservación e difusión do noso patrimonio cultural.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...