HomeCulturaXabier Díaz e as Adufeiras de Salitre o día 24 no Terra...

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre o día 24 no Terra Brava do Incio

A Xunta de Galicia patrocina o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre que se celebrará o sábado 24 de agosto a partir das 22.30 horas no marco do festival Terra Brava do Incio, organizado pola asociación homónima.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Delegación Territorial de Lugo acolleu este martes a presentación do evento, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde do municipio, Héctor Corujo, e Luis Valcárcel e María Pérez en representación da asociación Terra Brava.

O Concello e a Xunta son os principais patrocinadores do festival, que se iniciará pola mañá con sesión vermú e un xantar popular. Os concertos comezarán ás 20.00 horas, e actuarán tamén Peter Selek, O Val das Mouras, O Sonoro Maxín, e Guezos.

ÚLTIMAS

O 14 de febreiro Sober celebra o desfile de Entroido e o Baile da Cachucha

O sábado, día 14, a festa empeza ás 17:00h co desfile de Entroido...

Xornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Baixo o título de “Elaborar aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia....

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...