HomeCulturaPresentacións literarias en Monforte promovidas por Peruchela Edicións

Presentacións literarias en Monforte promovidas por Peruchela Edicións

As obras que se presentan ao público son “Unha árbore, un poema e o seu sentir”, da autora Fina López, e "Hasta la próxima Navidad. Até o vindeiro Nadal", da escritora Inés Silva.

Publicado o

- Advertisement -

A editora Peruchela Edicións apadriñará esta semana a presentación literaria do libro “Unha árbore, un poema e o seu sentir” de Fina López Sueiro, veciña de Pombeiro, no Concello de Pantón; e tamén o libro infantil e bilingüe “Hasta la próxima Navidad. Até o vindeiro Nadal” de Inés Silva.

O primeiro dos libros, “Unha árbore, un poema e o seu sentir”, en palabras de Rocío, a editora:“Trátase dun libro moi especial baseado no horóscopo celta que contén unha pequena descrición, unha foto e un poema”. A presentación terá lugar no Ateneo Casino de Monforte o xoves 22 de agosto ás 20:00 h.

No que respecta ao segundo libro, “Hasta la próxima Navidad. Até o vindeiro Nadal”, da autora Inés Silva, a presentación será triple. O mesmo xoves 22 ás 21:00 h. presentarase no Ateneo Casino, o venres 23 de agosto ás 20:00 h. no Club Fluvial, e o domingo 25 ás 19:30 h. no mirador da Capela en Vilachá de Salvadur, en colaboración coa adega Val do Frade.

Respecto deste último, a editora di: “trátase dun libro reversible moi axeitado para os nenos de 6 a 8 anos”.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...