HomeCulturaOlga Novo abre a Feira do Libro de Monforte

Olga Novo abre a Feira do Libro de Monforte

A poetisa da Pobra do Brollón, Premio Nacional de Poesía en 2020, foi a encargada de dar o pregón inaugural da cita estival monfortina coa literatura. A edición deste ano, que chegará ao seu XXV aniversario, contará con 9 librarías e poderá visitarse ata o 24 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde, José Tomé Roca, inaugurou este mércores 21 de agosto a 25ª edición da Feira do Libro de Monforte, sendo a pregoeira Olga Novo, poetisa da Pobra do Brollón e Premio Nacional de Poesía no 2020.

No acto estiveron tamén o secretario da Federación de Librarías de Galicia, Jacobo Rodríguez Agrasar; o Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo: a Deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro Fernández; así como diversos membros do Equipo de Goberno e da Corporación do Concello; entre eles a Tenente de Alcalde, Gloria Prada; as concelleiras de Cultura, Marina Doutón; Consumo, Regina López; e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán.

José Tomé Roca destacou, na súa intervención, que “dende o Equipo de Goberno do Concello de Monforte, seguimos colaborando decididamente con esta festa da literatura porque consideramos que con ela conseguimos achegarlle á cidadanía unha parte fundamental da nosa cultura, como son os libros, e polo tanto, contribuímos á súa divulgación. Ao mesmo tempo, tamén ofrecemos o noso apoio a un sector tan importante como é o editorial”.

O Alcalde destacou a presenza de varios escritores e escritoras da Ribeira Sacra, e tamén do resto de Galicia. A través deles, “potenciaremos e daremos a coñecer o talento literario que temos na nosa comarca e tamén no conxunto da provincia de Lugo e de Galicia”, dixo.

Quen se achegue a esta 25ª Feira do Libro de Monforte, na céntrica rúa do Cardeal, poderá coñecer moitas novidades literarias e adquirir novos libros cun desconto do 10%. Poderá visitarse ata o sábado 24 de agosto estando as casetas abertas de 11 a 14 horas e durante a tarde de 19 a 22 horas. Tomé Roca agradeceu a presenza de 9 libreiros, así como a participación de Olga Novo, animando á veciñanza e aos visitantes a gozar desta cita coa literatura, poñendo ademais de relevo o lema deste ano, “Atopa a túa historia”, para que cadaquén atope a súa nalgún dos libros presentes nas casetas.

Antes e tras o acto inaugural, tivo lugar a actuación do Grupo de Gaitas do Concello de Monforte. A continuación, a comitiva institucional encabezada polo Alcalde visitou as 9 casetas protagonistas desta 25ª edición da Feira do Libro de Monforte.

A Feira do Libro de Monforte está organizada pola Federación de Librarías de Galicia e o Concello de Monforte. Esta Federación de Librarías de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada por librarías de toda Galicia, que leva 46 anos ó servizo do sector.

OLGA NOVA, PREGOEIRA

Olga Novo, natural do veciño concello da Pobra do Brollón, ademais de poeta é ensaísta, tradutora e crítica literaria. Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e de Estudos Hispánicos pola Universidade de Alta Bretaña en Rennes. Actualmente, exerce a súa profesión coma docente de Lingua Galega e Literatura no IES A Pinguela de Monforte, e foi lectora de galego na Universidade da Alta Bretaña en Rennes.

Son numerosas as súas obras poéticas, así coma os seus ensaios e estudos sobre literatura, e ten colleitado premios coma o Losada Diéguez de Creación Literaria polo poemario Nós nus, o Premio da Crítica Española por Cráter ou Premio de Investigación Ánxel Fole por un estudo sobre Uxío Novoneyra, entre moitos outros.

No ano 2020, Olga Novo foi galardoada co Premio Nacional de Poesía, pola obra Feliz Idade, que tamén acadou o Premio da Crítica Española e Galega, “o cal é  para nós un orgullo e unha gran satisfacción que unha poetisa da nosa terra, acadara tan alta distinción”, manifestou José Tomé.

O Alcalde, referiuse a ela coma “unha excelente pregoeira que nos honra coa súa presencia e que vai contribuír, estou seguro, a que esta 25ª edición da Feira do Libro de Monforte resulte todo un éxito”.

Olga Novo no Ies A Pinguela / Ies A Pinguela

ÚLTIMAS

O DOG publica o acordo para o proxecto para a restitución da LU-651

A Xunta publicou este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo da...

Concentración este 13 de setembro en Lugo para reivindicar máis medidas para o sector do viño da Ribeira Sacra

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mantén a convocatoria de mobilización para este venres,...

Concerto de Lucía Pérez este 14 de setembro en Chantada e do 13 ao 15 desenvólvese a IX edición do FICH

A cantante do Incio, Lucía Pérez, que comezou a súa andaina na música ao...

O PP plantexa a construción de centros de acollida provinciais de animais

Dende que o 29 de setembro de 2023 entrou en vigor a Lei 7/2023,...