HomesociedadeLuis Fernández Guitián, alcalde de Sober, recibirá o 8 de setembro a...

Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober, recibirá o 8 de setembro a “Navalla de Manuel María”

A Irmandade Manuel María e a asociación cultural Xermolos concédenlle este ano a ‘Navalla de Manuel María’ ao músico e rexedor de Sober, Luis Fernández Guitián e, a título póstumo, á activista sociocultural María Xosé Neira Maseda, falecida en febreiro deste mesmo ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A distinción a Fernández Guitián vénlle concedida pola súa actividade cultural e pola súa amizade con Manuel María.

Os actos de entrega desta distinción faranse nun acto de lembranza ao poeta chairego que terá lugar o 8 de setembro, aniversario do seu pasamento, en Outeiro de Rei.

Haberá un xantar xunto ao río Ladra, seguido ás 17 horas dun recital en Penas de Rodas, outro acto no cemiterio de Outeiro de Rei ás 18:00 horas e concerto de música e poesía no campo de Santa Isabel (19 horas) onde vai haber un rito compartido celebrando a  amizade e o compromiso dos homenaxeados.

O economista, Manuel Rajo López, será o encargado de disertar sobre Luis Fernández Guitián e a mestra, Sabela Núñez Singala, achegará a traxectoria de María Xosé Neira Maseda.

Para apuntarse a xantar hai que reservar no teléfono 646413890.

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Entroido de Budián’

A Asociación Cultural Entroido de Budián (Acedre-Pantón) impulsa un ano máis a celebración deste...

Premios Muller Rural con candidatas da Ribeira Sacra

Carmen Quintanilla é unha figura imprescindible para entender a evolución dos dereitos das mulleres...

A DO Ribeira Sacra demanda ao Ministerio de Agricultura simplificar os trámites para recibir axudas á promoción internacional

Durante o encontro, o Ministerio trasladou información sobre a evolución dos mercados internacionais do...

Exposición colectiva no Centro Comercial Ponte Vella

O segundo andar no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense acolleu o pasado xoves...