HomeCulturaTomando un libro con Ledicia Costas este 27 de setembro no Parador...

Tomando un libro con Ledicia Costas este 27 de setembro no Parador de Monforte

Este venres, 27 de agosto, ás 20:30h celébrase no Parador de Turismo de Monforte unha velada literaria coa autora, Ledicia Costas. A cita está organizada pola Libraría Agrasar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro con Ledicia Costas será a V edición das exitosas veladas literarias organizadas por Librería Agrasar. Nesta ocasión propoñen cita con Ledicia Costas charlando sobre a súa última novela “Pel de cordeiro”. O libro está dispoñible en galego e castelán. Ao finalizar o acto, a autora asinará exemplares dos seus libros e poderase degustar un viño e un petisco especialmente seleccionados para o acto, para o que era necesario terse inscrito previamente.

Na “Pel de cordeiro”, Costas presenta unha novela hipnótica, que explora o erotismo e a escuridade. Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas.

Lola é unha muller do século XXI que atravesa unha crise persoal. Entra en contacto cunhas forzas que non comprende. A ruptura coa súa parella, as súas dúbidas sobre a maternidade e o desbloqueo de recordos que tiña esquecidos provócanlle un colapso.

Ledicia Costas afonda no espertar sexual, na violencia e na maxia con grandes doses de fantasía. Unha novela hipnótica, que explora o erotismo e a escuridade e nos envolve nunha atmosfera tan terrible como preciosa.

__

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...