HomeCulturaO mellor cinema galego pódese ver na Pobra do Brollón

O mellor cinema galego pódese ver na Pobra do Brollón

O pase do filme ‘Fatum’ inaugura este venres, 11 de outubro, o "Ciclo Mestre Mateo" que levará a este concello nove proxeccións máis entre os meses de outubro e decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proxección inaugural do Ciclo Mestre Mateo da Pobra do Brollón terá lugar este venres 11 de outubro co pase da película Fatumfilme de ficción finalistas nos XXII Premios Mestre Mateo en cinco categorías: Mellor longametraxe, interpretación masculina protagonista, dirección, montaxe e vestiario.

A cita terá lugar no Casa da Cultura ‘Olga Novo’ ás 20:15 horas. Trátase dun thriller de acción dirixido por Juan Galiñanes e protagonizado por Álex García e Luis Tosar, quen interpreta a un adicto ao xogo que se ve envolto nun atraco a unha casa de apostas.

PROGRAMACIÓN DO CICLO MESTRE MATEO

A programación do Ciclo Mestre Mateo está composta por outras nove proxeccións que terán lugar entre outubro e decembro na Pobra do Brollón.

Serán tres longametraxes de ficción, incluída a gañadora O Corno, ademais dos finalistas Matria e Salta!; catro documentais (o gañador Os espazos en branco, xunto con A nave das Marías, A viaxe de Lucy, e Chichi e mais eu) e nove curtametraxes repartidas en dúas sesións.

O Ciclo Mestre Mateo está impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón, co obxectivo de levar o mellor cine galego actual a novos públicos.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...