O Concello de Chantada organiza o Nadal musical na Casa da Música. A actividade diríxese a nenos de 4 a 11 anos e levarase a cabo os días 2, 3 e 4 de xaneiro. O prazo para inscribirse está aberto ata o día 20 de decembro. A matrícula pode facerse os martes e xoves en horario de 18 a 20 nas oficinas da escola de música. O prezo de actividade é de 20 €, 15 € para alumnos da escola. Os alumnos de 4 a 7 anos terán horario de 12.30 a 13.30 e de 10 e media a 12.00 é o turno para os alumnos de 8 a 11 anos.
E durante todo o mes de decembro a Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición”Máis alá do raizame” de Domingo Ribao, veciño de Cambeo que se adica á talla en madeira desde o 2005. As súas pezas elabóraas con troncos e raíces.
A mostra permanecerá aberta ata o 28 de decembro, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e os sábados de 11.00 a 14.00.


