HomeCulturaAmpla axenda cultural en Quiroga para este outono

Ampla axenda cultural en Quiroga para este outono

O concello está a desenvolver unha interesante e ampla programación de actividades de lecer e culturais que se estenderán ata finais de decembro. Un protagonismo especial terá a oferta teatral, con 6 pezas que se poderán ver nos meses de novembro e decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O mes de outubro empezou en Quiroga con actividades interesantes como foron o espectáculo de regueifas realizado conxuntamente con Ribas de Sil o pasado día 11, e tamén a andaina contra o cancro de mama que tivo lugar este venres 18.

En adiante, destacar a Viaxe a Santiago grazas á iniciativa do Centro Dramático Galego bautizada como “Sobes ao autobús do teatro?”, que levará a un grupo de veciñas e veciños de Quiroga a ver a obra “Terceiro Acto”. Será este sábado 19 de outubro, tendo ademais a oportunidade de facer algo de turismo por Compostela ata a hora da función que é ás 18:00 h. As persoas participantes teñen o bus de balde.

O 23 deste mesmo mes a Casa da Cultura acollerá un espectáculo dentro do Ciclo Ler Conta Moito baixo o título “Literatura afinada”, e o 27 unha excursión organizada polo CIM de Quiroga levará a un grupo de mulleres de excursión polos canóns do Sil. Como remate a outubro, un novo Faladoiro no Centro Social, o mércores 30 ás 18:00 h., e coa “Aceptación” como tema central.

NOVEMBRO

O mes de novembro vén cargado tamén de diferentes actividades. No que respecta ao teatro haberá 2 funcións. Unha o día 10, “Na procura dun traballo”, a cargo da compañía Metátase e dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado que impulsa a Área de Cultura da Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo; e outra o 24 a cargo dos Trocos de Vilaba e baixo o título “Un safari xeitoso”. Tamén dentro do programa devandito da Vicepresidencia 1ª do organismo provincial.

Neste mes, o CIM de Quiroga organiza 2 actividades. O día 25 conmemorará o día da non violencia contra as mulleres e o 30 unha viaxe a Ourense para ir ver a obra “La Celestina”.

Un novo Faladoiro, organizado dende Servizos Sociais e co tema aínda por desvelar, terá lugar o mércores 27 ás 18:00 h.

DECEMBRO

O Teatro será o protagonista absoluto no derradeiro mes do ano grazas ao impulso das Áreas de Cultura e de Dinamización Lingüística do Concello de Quiroga. Haberá funcións os días 4, 20, 27 e 29.

Día 4: “Castelao”, obra de Culturactiva orientada ao alumnado do CEIP de Quiroga. Será ás 12:30 h. no Auditorio Municipal e chega da man da Área de Cultura da Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo.

Día 20: “Masculino singular”, a cargo de Satori Teatro e dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Área de Cultura da Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo. No Auditorio Municipal ás 20:00 h.

Día 27: “O vixiante dos soños”. A compañía que interpreta esta peza é Ubú Teatro e chega polo Circuíto de Teatro Profesional da Área de Cultura da Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo. No Auditorio Municipal.

Día 29: “O auto do Castromil”. Producida por Producións Teatrais Excéntricas e con horario por confirmar no Auditorio Municipal. Conta co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O Festival de Nadal, realizado pola Escola de Música Moderna será o 19 de decembro.

ÚLTIMAS

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día

Como nas xornadas anteriores, desde a CIG informan que a folga estivo marcada polos...

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...