HomeCulturaA Biblioteca Municipal de Chantada celebra o Día das Bibliotecas cun contacontos

A Biblioteca Municipal de Chantada celebra o Día das Bibliotecas cun contacontos

Este xoves, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas e por tal motivo, no ánimo de difundir os valores da lectura e promover este tipo de cultura nos máis novos, a Biblioteca Municipal de Chantada programa unha sesión de contacontos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas e por tal motivo, no ánimo de difundir os valores da lectura e promover este tipo de cultura nos máis novos, a Biblioteca Municipal de Chantada programa unha sesión de contacontos.

Aida Cobas presentará a súa particular viaxe “A fada do saco verde”, a partir das 17:00h. A historia preséntanos a Erea, unha fada diferente ao resto xa que non posúe poderes máxicos e isto fai que se sinta mal e que o resto de fadas se mofen dela. Ata que un día todo cambia cando os seres do bosque lle tecen un saco máxico no que pode gardar todo o que manca o mundo, e convértese así na fada do saco verde.

A Biblioteca Municipal de Chantada dispón dun fondo de máis de 20.000 exemplares e abre na casa da cultura, de luns a venres de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00. Nas fins de semana abre a sala de estudo nos horarios da oficina de turismo. Cóntase ademais cun club de lectura para adultos, no que cada mes as persoas asistentes reciben un exemplar do libro a ler e o último luns de mes reúnense para coméntalo.

Dende comezos deste ano cóntase coa aplicación Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que permite ter no móbil ou tableta acceso ao libro electrónico ou audiovisuais na plataforma de préstamo dixital, e ao mesmo tempo traer o carné sempre connosco. Para poder descargala é imprescindible ter carné de calquera biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Pódense seguir as novas da Biblioteca Municipal de Chantada nas redes oficiais do Concello de Chantada e nas propias redes sociais da Biblioteca:

ÚLTIMAS

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...

Co remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Ata ese momento, a compañía prestou este servizo por estrada entre Ourense e Lugo...