HomeCulturaConcerto de guitarra de Luis Alejandro este 26 de outubro en Sober

Concerto de guitarra de Luis Alejandro este 26 de outubro en Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade organizan para este sábado, 26 de outubro, un concerto de guitarra con Luis Alejandro García. A actuación, que será de balde, terá lugar no Centro Sociocultural ás 19:30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O internacionalmente laureado guitarrista, Luis Alejandro García, presenta ‘Ensoño, un repertorio repleto de beleza, fantasía e soños, creados a partir das seis cordas dunha guitarra romántica, réplica dunha Coffe–Goguette de mediados do século XIX. O oínte será trasladado de pleno ao Romanticismo, a través de composicións de Fernando Sor, Napoléon Custo, Giulio Regondi ou Mauro Giuliani, nas que a ilusiónserá sempre a premisa fundamental.

Luis Alejandro García foi encomiado pola crítica internacional como “un extraordinario narrador musical” (L’Area dei Verona), e é un dos guitarristas españois máis laureados da súa xeración, como testemuñan os seus máis de 40 premios internacionais, entre eles os primeiros premios no Concurso Internacional de Guitarra de París (Francia), o Concurso Internacional de Viseu (Portugal), o Premio “O Primeiro Palau” (España) ou o do Festival Internazionale dei Chitarra “Gemona do Friuli” (Italia).

En continuo crecemento, a súa carreira levouno a debutar en espazos tan insignes como o Musikverein de Viena, o Palau da Música Catalá, o Teatro Monumental ou o Auditorio Alfredo Kraus, e as súas xiras alcanzaron numerosos países de Europa e América , onde ofreceu centenares de recitais.

Os seus próximos compromisos inclúen xiras por diferentes lugares de España, Francia, Italia, EEUU, Brasil, México ou Arxentina. É titulado en Guitarra polo CSMC con Matrícula de Honra, así como en Musicoloxía co Premio Extraordinario de Fin de Carrera. Formouse con Leo Brouwer, David Russell, Zoran Dukic ou Carlo Marchione , entre outros. En 2017 completou os seus estudos de máster con matrícula de honra na Esmuc de Barcelona, baixo a tutela de Àlex Garrobé. Luis Alejandro García toca con guitarras de Vicente Carrillo e é artista esponsorizado por Knobloch Strings.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...