HomeCulturaA Casa da Cultura de Chantada estrea exposición este 2 de novembro...

A Casa da Cultura de Chantada estrea exposición este 2 de novembro da pintora novel, Isabel Vázquez

Este sábado, 2 de novembro, ás 12.30h. inaugúrase a exposición que protagonizará este mes na Casa da Cultura de Chantada. A taboadesa residente en Chantada, Isabel Vázquez, presenta Imaxes. Unha trintena de obras en óleo onde predominan as figuras humanas e as paisaxes que a autora lle gustan ou interesan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Vázquez é autodidacta. Para esta pintora vocacional, a mostra da Casa da Cultura de Chantada convértese na súa primeira exposición. As súas pezas son un reflexo de como ela percibe o mundo e consegue plasmalo a pesar de problemas físicos e de intolerancia aos químicos que lle supoñen un condicionamento ao exercicio da pintura.

“Pinto ao meu xeito”, asegura a autora, “comecei como terapia durante a pandemia e serviume de refuxio nun momento moi catastrofista para min por motivos máis alá da propia pandemia. A pintura dame desconexión, felicidade, tranquilidade”.

Imaxes pode visitarse polas mañás, de luns a sábados de 10:00h. a 14:00h. e polas tardes de luns a venres, de 16:00h. a 20:00h.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...