HomeCulturaHumor 'ochentero' en Monforte

Humor ‘ochentero’ en Monforte

Moita xente pedía a volta dos monólogos á cidade do Cabe e dende hai uns meses o local Garden está programando este formato combinado con outro tipo de actuacións como maxia ou concertos.

Publicado o

Esta noite ás 23.00 h. volta o humor da man do monologuista Tito Rober, un monologuista ourensán afincado na Coruña que leva máis de 6 anos actuando a nivel nacional. Foi gañador de varios concursos de monólogos, un dos máis recoñecido o V Concurso de Monólogos Villa de Bembibre no 2015. Actualmente compaxina as súas actuacións coa participación semanal no grupo de improvisación de Coruña “Cousas veredes” na Sala BaBa Bar de Coruña.
O monólogo que presenta en Monforte, “Vida e milagros do zume de laranxa”, fala das peripecias dun neno ourensán, un pequeno nacido no seo dunha familia humilde e coa única influenza femenina da súa nai obsesionada coas vitaminas. Vanse queimando as etapas esenciais da vida de toda persoa e vanse cruzando no noso camiño medos e aventuras vividas nestas fases… Todo iso narrado por Tito Rober cun estilo moi próximo ao público e sempre con comparacións ácidas en relación á vida que leva a mocidade hoxe en día.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...