HomeCulturaUn decembro moi teatral no Círculo Saviñao

Un decembro moi teatral no Círculo Saviñao

Ofrecerá cinco funcións de teatro nos respectivos domingos do mes. Un ciclo que fai posible esta entidade cultural grazas ao patrocinio e axuda económica da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Círculo Saviñao de Escairón organiza este mes de decembro un ciclo de teatro completísimo, programando funcións todos os domingos. A primeira será este 1 de decembro e correrá a cargo da Compañía de teatro afeccionado Argalleiras Teatro. Levarán a escena a obra “A autopista”. (teatro aficionado).

RESTO DA PROGRAMACIÓN

Día 8 de decembro: Sartori Teatro ofrece a obra “Masculino singular”. Esta actuación está enmarcada dentro do circuíto de teatro profesional.

Día 15 de decembro: O grupo de teatro Faro Miño actúa coa peza “Intelixencia artesanal” (teatro afieccionado).

Día 22 de decembro: a Compañía profesional Pinconús representa a comedia musical
“Pinconús”.

O día 29 de decembro, e pechando o calendario teatral de decembro, será a quenda de Sr. López Producción coa obra “A viaxe do señor López”. Actuación que pertence ao circuíto de teatro profesional.

Todas as actuacións comezarán ás 6 da tarde no auditorio municipal de Escairón e forman parte dos circuitos aficionado ou profesional da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, quen promove ditas representacións.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...