HomeCultura'Castelao', obra teatral de Culturactiva Produccións, en Quiroga

‘Castelao’, obra teatral de Culturactiva Produccións, en Quiroga

O Auditorio Municipal de Quiroga acollerá esta proposta escénica para os máis pequenos e pequenas do CEIP de Quiroga a partir das doce e media do mediodía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Culturactiva Produccións presenta este mércores 3 de decembro a obra “Castelao”. Esta actividade está organizada pola área de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga en colaboración coa área de cultura da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo e o CEIP de Quiroga.

O pase da obra será no Auditorio Municipal de Quiroga, unha peza especialmente indicada para público familiar que gozarán neste caso o alumnado do CEIP de Quiroga e quen alí se queira achegar a partir das doce e media do mediodía.

CASTELAO, A OBRA

Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai.

Trátase dunha obra divertida á par que reflexiva sobre a última tarde que Castelao pasa en Rianxo antes de coller o barco para ir para Arxentina. Cun texto de Paula Carballeira coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena, a obra mostra a un Castelao de 8 anos na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da trama.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...