HomeCulturaMalasombra interpreta "Testosterona" este 12 de decembro no Multiusos de Monforte

Malasombra interpreta “Testosterona” este 12 de decembro no Multiusos de Monforte

A seguinte obra do ciclo de teatro será Copacabana do grupo de teatro Viraventos-Monforte, que terá lugar o sábado, 14 de decembro, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, ás 20:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves, 12 de decembro, ás 20:15 no Edificio Multiusos de Monforte terá lugar unha nova obra de teatro, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Representarase a obra para adultos Testosterona, da compañía Malasombra, obra coa autoría de Sabina Berman, dirixida por Xoque Carbajal e cun elenco artístico conformado por Camila Bosa e Luis Iglesia. A entrada xeral ten un prezo de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Testosterona fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima  responsabilidade  nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? A autora mexicana Sabina Bernán, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.

Viraventos

A seguinte obra do ciclo de teatro será Copacabana do grupo Viraventos-Monforte, que terá lugar o sábado, 14 de decembro, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, ás 20:00 horas, sendo a entrada gratuíta.

O Grupo de Teatro Viraventos, da comarca de Lemos, é un grupo amador formado por once persoas apaixoadas do teatro, que levan moito tempo desfrutando tanto de velo como de facelo. Esta representación está integrada no Circuíto de Teatro Afeccionado da área de cultura da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...