HomeCulturaApróbase a moción do BNG de Monforte para mellorar a situación dos...

Apróbase a moción do BNG de Monforte para mellorar a situación dos Conservatorios de Música Municipais Galegos

O grupo municipal do BNG de Monforte levou ao último pleno municipal unha moción para reclamar que a Xunta de Galicia asuma as súas competencias en relación aos conservatorios municipais de música. Esta iniciativa enmárcase nunha ampla campaña que inclúe a recollida de sinaturas en todo o país e diferentes accións parlamentarias promovidas polo BNG.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A moción aprobada polo BNG e o PSOE recollía que os conservatorios municipais, pese a ofrecer ensinanzas musicais regradas e titulación oficial, son financiados exclusivamente polos concellos, situación que resulta insostible, especialmente cando unha parte importante do alumnado procede doutros municipios.

Así o pleno acordou que a Xunta asuma plenamente a xestión e o financiamento dos conservatorios municipais, responsabilizándose do seu mantemento, dotacións e persoal. Ata que isto sexa unha realidade, esixe que se convoquen axudas económicas para os concellos, que se facilite a cobertura das prazas vacantes mediante as listaxes autonómicas e que se proporcionen os recursos necesarios.

Ademais, aposta pola creación dunha rede de conservatorios profesionais comarcais que garanta unha oferta equilibrada en todo o territorio galego, tendo en conta a proximidade xeográfica e as necesidades locais. Neste proceso, defende que é imprescindible escoitar ás direccións dos centros, ás comunidades educativas e aos concellos afectados.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...