HomeCulturaO músico quirogués Rubén Gutiérrez, 'Peitoescuro', prepara o lanzamento do seu traballo...

O músico quirogués Rubén Gutiérrez, ‘Peitoescuro’, prepara o lanzamento do seu traballo “Alvorada”

A pre-estrea será este sábado 18 no Cinema Palleiriso da aldea de Garabelos, no Concello de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pre-estrea do primeiro Sinxelo+Video ‘ALVORADA‘, un traballo musical que ten como protagonista ao músico ‘Peitoescuro’ (Rubén Gutiérrez), a Álex Baena á dirección, e que está producido por Iago Pico (produtor das Tanxugueiras).

O evento, que terá lugar no célebre Cinema Palleiriso na aldea de Garabelos (Chantada), comezará ás 12:30 ofrecendo aos invitados petiscos variados máis un xantar informal con viño da Ribeira Sacra e sobremesas caseiras.

Despois do xantar terá lugar o primeiro pase do Video para, despois, escoitar en primicia e en directo a interpretación a dúo dos vindeiros lanzamentos de PEITOESCURO.

Tendo en conta que haberá moitos convidados músicos, todo apunta a que o evento rematará cunha sesión de improvisación que fará gozar aos asistentes. “Alvorada”, publicarase en todas as plataformas o vindeiro 24 de xaneiro.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...