HomeCulturaExposición escolar de banda deseñada na Biblioteca do Saviñao

Exposición escolar de banda deseñada na Biblioteca do Saviñao

Este mércores, 22 de xaneiro, ás 13:00h a Biblioteca Municipal do Saviñao inaugura a exposición de banda deseñada do alumnado da ESO do CPI Dr López Suárez coa presenza dos autores e a ilustradora Estefanía Padullés.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obradoiro de Estefanía Padullés, Atrévete a facer o teu propio libro, do Programa Ler conta moito levado a cabo en outubro na biblioteca, foi o xerme destas obras partindo da frase: “A noite caera sobre as ruínas,… unha noite fría e chuviosa. Achegábase a tormenta”.

A exposición poderase visitar do 22 de xaneiro ó 17 de febreiro no mesmo horario que a biblioteca.

O pasado mes de outubro as instalacións acolleran a Exposición de acuarelas do alumnado de 2º e 4º de Primaria do mesmo centro, inspiradas pola obra de Belén Rodríguez Pazo. A biblioteca convértese así nun primeiro escaparate para as obras do alumnado, que animado polas súas profesoras Ana e Patricia, coa intención de promover a súa libre expresión artística, sacan as súas creacións fóra do centro educativo.

ÚLTIMAS

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...