HomeCulturaA celebración festiva protagoniza o cartel da XLII Feira do Viño de...

A celebración festiva protagoniza o cartel da XLII Feira do Viño de Chantada

Na segunda fin de semana de marzo, do 7 ao 9, celebrarase a XLII Feira do Viño de Chantada, que como é habitual abre as feiras do viño na D.O. Ribeira Sacra. A cita en Chantada anúnciase, un ano máis, da man do artista multidisciplinar, Juan José Lomarti.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lomarti leva varios anos elaborando os carteis para anunciar a Feira do Viño de Chantada. En anteriores ocasións os seus deseños reflexaron o icónico da Feira, utilizando uvas, botellas, copas ou cores para representar a esencia aromática do viño; noutras, a protagonista foi a figura humana, como é o caso do cartel deste 2025.

“Quería representar alegría e celebración festiva, ademais dos matices do viño,…a proposta deste ano é máis de festival, de celebración humana”, explica Lomarti.

Durante os tres días de Feira degustaranse os viños das ribeiras de Chantada e contarase con diferentes actividades ao redor do viño, actuacións musicais e a Feira de Oportunidades da Asociación de Empresarios de Chantada. Unha vez presentado o cartel, a organización convocará ás adegas nun encontro previo á celebración cuxa programación darase a coñecer próximamente.

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, anima a participar na Feira que abre o calendario de feiras do viño, “e que representa un dos nosos produtos máis emblemáticos, o que converte a Feira do Viño nunha das citas máis representativas e festivas do concello, como reflexa o cartel de Lomarti”.

ÚLTIMAS

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...