HomeCulturaO BNG de Quiroga convoca un concurso de ilustracións para celebrar o...

O BNG de Quiroga convoca un concurso de ilustracións para celebrar o Día de Rosalía

Co gallo do ‘Día de Rosalía’ deste 23 de febreiro, o BNG de Quiroga convoca un concurso de debuxo no que convida a participar enviando ilustracións, deseños, caricaturas... plasmando a imaxe dunha das máis senlleiras escritoras galegas da nosa historia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A participación, con estilo libre, está aberta ata o 23 de febreiro. As obras poden realizarse en cor ou en branco e negro tendo que envialas a través do correo electrónico quiroga@bng.gal detallando a seguinte información: o nome do autor ou autora, os anos que ten e unha autorización expresa para consentir que a súa creación se comparta na rede social Facebook e baixo as súas condicións de uso. Todos os dereitos sobre a obra recaerán exclusivamente no autor ou autora.

Diferenciaranse dúas categorías, unha ata 14 anos e outra para maiores desa idade. O debuxo de cada categoría con máis ‘gústames’ durante os días que se expoñerán no perfil de Facebook do BNG Quiroga, entre o 24 e 0 28 de febreiro, obterá como premio un vale por valor de 30€ para canxear en compras nas librerías de Quiroga.

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...