HomeCulturaPeitoescuro este 26 de febreiro no Faladoiro de Quiroga

Peitoescuro este 26 de febreiro no Faladoiro de Quiroga

Rubén  Gutiérrez, un enxeñeiro agrícola madrileño, asentado nas Covas, será o novo protagonista do Faladoiro que este mércores 26 de febreiro acollerá o Centro Social de Quiroga. Rubén é tamén cantautor que co nome de Peitoescuro acaba de sacar o primeiro sinxelo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este enxeñeiro especializado en olivicultura ao que lle gusta “traballar sempre coas mans manchadas de terra”, é tamén un cantautor, que baixo o nome de Peitoescuro, ven de presentar o seu primeiro sinxelo. Unha produción de Iago Pico, que traballa coas Tanxugueiras e que leva por título “Alvorada”.

Moderado por Xosé Manuel Fernández Montes, Peitoescuro falará sobre a súa decisión de abandonar a cidade hai nove anos para instalarse nun entorno rural, no que atopa unha fonte de inspiración para a súa música. A natureza e o traballo no campo influíron nunhas composicións que reflicten a conexión directa coa terra e as tradicións locais.

Peitoescuro, nome que o artista buscou inspirado nuns paxaros os “paporrubios”, traballa no seu segundo vídeo clip que xunto con “Alvorada” formará parte dunha triloxía como adianto  do álbum que sacará este ano.

O coloquio que comezará ás 18:00h, é un espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, unha charla co moderador introduce un tema no que os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...