HomeCulturaO día 8 de marzo o Desfile de Disfraces de Pantón despide...

O día 8 de marzo o Desfile de Disfraces de Pantón despide o Entroido na Ribeira Sacra

Un ano máis o Concello de Pantón será o encargado de pechar o Entroido na Ribeira Sacra coa celebración do Desfile Concurso de Disfraces e Carrozas que terá lugar o sábado, 8 de marzo. O desfile sairá ás 16.00h. do colexio Monte Baliño

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os participantes no Desfile presentaranse ás 15.30h na contorna do colexio levando o número de identificación que se lles entrega no momento da inscrición. Ás 16:00h iniciarase o percorrido polas rúas de Ferreira para finalizar na Praza do Concello, onde coa chegada da última comparsa comezará unha chocolatada baile e haberá entrega de agasallos doces para os/as nenos/as.

As inscricións pódense facer ata o día 7 de marzo ás 11:30h no Departamento de Cultura de Pantón, localizado no segundo piso de Edificio Sociocultural, de luns a venres en horario de 10:00h a 20:00h, e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

Establécense os seguintes premios:

Comparsas Adultos:

  • Grupos de 10 o máis compoñentes (300€, 200€ e 150€)
  • Grupos entre 5 e 9 compoñentes (150€, 125€ e 100€)
  • Individual e Parellas entre 1 e 4 compoñentes (100€, 75€ e 50€)

Comparsas Infantís:

  • Grupos de 10 ou máis compoñentes (180€, 160€ e 150€)
  • Grupos entre 5 e 9 compoñentes (100€, 75€ e 50€)
  • Individual e Parellas entre 1 e 4 compoñentes (50€, 40€ e 20€)

O xurado estará composto por cinco representantes elixidos por sorteo entre as comparsas de máis de 10 participantes, e unha persoa allea ás mesmas que exercerá o voto de calidade en caso de empate. Premiarase o vestiario e maquillaxe, elaboración do disfraz, a posta en escea e a música, podendo, o xurado, deixar deserto algún dos premios ou conceder algún accésit se o considerase.

Todas as comparsas que presenten carroza recibirán 50€ como axuda e as de máis de 10 compoñentes recibirán 80€ non acumulables ao premio. Os premios daranse a coñecer e entregaranse ao final do desfile.

As bases do Desfile Concurso poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica na web do Concello de Pantón, a través do seguinte enlace. A celebración do Entroido en Pantón continúa esta semana coa celebración do Xoves de Comadres.

ÚLTIMAS

O PP da Pobra do Brollón pide maior planificación das obras

Teddy López realiza esta petición despois de ver como esta semana foron moitos os...

Abre a tempada de Rutas Fluviais na Ribeira Sacra con 15.453 reservas

A tempada 2025 das rutas fluviais pola Ribeira Sacra comeza cunha gran acollida por...

3CUMIOS, levando o nome da Ribeira Sacra ao máis alto

A Expedición Huascarán 2025 levaraos á Cordilleira Branca en Perú, a unha altitude de...

Ribeira Sacra fórmase en Novas Tecnoloxías IA para o sector vitícola

A iniciativa, tal e como explica a CEL, foi unha oportunidade única para coñecer...