HomesociedadeAberto o prazo para solicitar as axudas da Vicepresidencia da Deputación de...

Aberto o prazo para solicitar as axudas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para asociacións culturais

O prazo para iniciar os tramites de solicitude, que será de 10 días hábiles, comezou este luns 10 de marzo. A dotación deste ano alcanza os 500.000 €, 120.000 máis que na convocatoria do 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aqueles veciños e aquelas veciñas que desenvolvan algunha actividade cultural a través das súas asociacións culturais na provincia de Lugo poden optar un ano máis a interesantes axudas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Subvencións que este ano contan cun investimento total de 500.000 euros, 120.000 euros máis que na última anualidade.

A convocatoria inclúe dúas liñas de axuda: unha para a realización de actividades culturais, dotada con 315.000 euros, e outra para melloras nas instalacións e no equipamento de locais, cun importe de 185.000 euros.

A deputada Iria Castro explicou que “seguimos reforzando esta liña de axudas para atender o crecente dinamismo das asociacións, unha rede fundamental para facilitar o acceso á actividade cultural e crear espazos de socialización e convivencia arredor da cultura e do patrimonio, especialmente nas parroquias e concellos máis pequenos”.

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS

A través desta liña, a área de Cultura colabora no cofinanzamento de gastos que supón a organización de actividades e eventos culturais por parte das asociacións lucenses, especialmente aquelas orientadas á difusión do patrimonio material e inmaterial de Galiza, da historia, da música, da lingua e das tradicións. As axudas van dos 500 aos 3.000 euros.

SUBVENCIÓNS PARA MELLORA DE LOCAIS SOCIAIS

A área de Cultura financia, a través desta liña, actuacións de mellora, acondicionamento e reforma de locais e instalacións culturais que os colectivos cultivos culturais teñan en propiedade, cedidas ou alugadas. Tamén se subvenciona a compra de equipamento, facilitando así que as asociacións conten cos medios axeitados para a realización das súas actividades culturais. As axudas oscilan entre os 500 e os 2.000 euros.

TRÁMITE DAS SOLICITUDES

As bases e modelos de solicitude publicáronse o pasado venres 7 de marzo no Boletín Oficial da Provincia, e na web da deputación están dispoñibles as indicacións e os modelos de formularios que cómpre encher e presentar xunto coa solicitude. O prazo estará aberto ata o venres 21 de marzo, incluído.

Na última convocatoria, o pasado 2024, concedéronse un total de 431 subvencións, 256 para a organización de actividades culturais e 175 para investimentos e equipamentos.

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...