HomeCulturaChantada celebra o 16 de maio a II Festa da Xuventude

Chantada celebra o 16 de maio a II Festa da Xuventude

Contarase con servizo de Noitebús para achegar á xuventude de concellos limítrofes. O percorrido está sen definir, establecerase segundo a demanda da xente, polo que as persoas dos concellos interesadas en participar deben contactar cos teléfonos 608 185 438 e/ou 982 379 106

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Xuventude, sacaba adiante o pasado ano a I edición da Festa da Xuventude. Unha cita con actuacións musicais gratuítas para dinamizar o centro da vila e ofrecerlle á xuventude alternativas de lecer nocturno.

Así, na xornada do 16 de maio desde as 19:30h. haberá propostas musicais en diferentes espazos ata ben entrada a madrugada coa seguinte axenda:

  • De 19:30h. a 22:30h. a charanga Sorcha Showband levará a música polas rúas da vila.
  • De as 00:30h. ata as 3:00h. actuación da Orquestra New York na Praza de Santa Ana.
  • A partir das 3:00h na zona de Lama das Quendas sesión musical con Gramola DJ.

Despois de celebrar a primeira edición o 19 de abril, esta segunda edición atrásase un mes, escollendo o venres, 16 de maio, “Consideramos que é unha época axeitada porque acaban os de segundo de bacharelato o día antes, para que o celebren. Os días son máis longos, as temperaturas tamén serán mellores para gozar de actividades de exterior”, asegura, Belén Vázquez Caseiro, Concelleira de Xuventude.

Como Festa da Xuventude, a proposta está pensada para mozas/os de entre 16 e 25 anos, pero búscase a participación de tódalas idades. A proposta ábrese ademais á xuventude e xente da contorna. Para facilitar a súa participación contarase con servizo de Noitebús. O percorrido está sen definir, establecerase segundo a demanda da xente, polo que as persoas dos concellos limítrofes interesadas en participar deben contactar cos teléfonos 608 185 438 e/ou 982 379 106 e no correo electrónico belen.concello@hotmail.com, para en función da demanda establecer os destinos do servizo.

ÚLTIMAS

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de...

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...