HomeCulturaA triloxía Río Océano de Anxo Muíños preséntase este 23 de abril...

A triloxía Río Océano de Anxo Muíños preséntase este 23 de abril no Pazo de Tor

Este mércores, 23 de abril, con motivo do Día do Libro, o Pazo de Tor, acolle a presentación da triloxía Río Océano, do autor Anxo Muíños. A cia será ás 19:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de presentación a compañará ao escritor a editora, Rocío Rodríguez, responsable de Peruchela Edicións, selo editorial que publica esta obra.

A triloxía está composta polos títulos Resurrección Haush, Navegando por Anián e Landaseiva, tres novelas escritas en castelán que combinan narrativa de viaxes, memoria histórica, poesía e reflexión social. A través de personaxes complexos e escenarios que abranguen dende a Terra do Fogo ata San Francisco ou a Europa do Telón de Aceiro, Río Océano propón unha viaxe intensa e fonda polas marxes do mundo e da conciencia.

Resurrección Haush introduce ao lector nun relato íntimo e fragmentado, onde un xitano irlandés desamparado comeza a narrar as súas vivencias no extremo sur do continente americano, abrindo a porta ao universo da saga.

Navegando por Anián mergúllanos na década dos sesenta, cruzando París, Praga ou os Estados Unidos para relatar a efervescencia dun tempo de loitas e utopías.

Landaseiva, ambientada en 1969, leva a historia cara a un territorio mítico e rebelde: unha goleta cargada de idealistas que buscan unha nova forma de liberdade nun mundo que cambia vertixinosamente.

O acto está aberto ao público e forma parte da programación cultural do Pazo de Tor. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...