HomeCultura"Tomando un libro con Arantza Portabales" este 26 de abril no restaurante...

“Tomando un libro con Arantza Portabales” este 26 de abril no restaurante Abadía de San Simón

O restaurante Abadía San Simón en Monforte acolle este sábado, 26 de abril, ás 20:30h a sexta edición destas veladas literarias que organiza a Libraría Agrasar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arantza Portabales presentará a súa última novela “Asasinato na casa rosa”. O libro está dispoñible en galego e castelán. Ao finalizar o acto, a autora asinará exemplares das súas publicacións.

Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, Arantza Portabales inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo. A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender o seu home convalecente, recibe a sorprendente chamada do millonario Ulises Villamor. O empresario cre que a súa muller foi asasinada hai catro anos e quere que a inspectora investigue os feitos, trasladándose á súa mansión en Loeiro, a Casa Rosa, onde vive coa súa familia, porque sospeita que o responsable é alguén do clan familiar. Ao pouco de iniciar as pescudas, a inspectora bate cunha nova morte e, ante esta inesperada circunstancia e o complexo da investigación, procura a axuda do seu antigo xefe, o comisario xubilado César Araújo. E así os dous tentarán desvelar a rede de misterios, mentiras e intrigas que envolven a familia Villamor.

A asistencia ao acto require inscrición con entrada, a través de Bizum ou en Librería Agrasar, tendo de límite este venres:

  • 29,90 €: Inclúe o libro, un viño e un petisco
  • 14,90 €: Goza da experiencia culinaria e literaria sen o libro. Inclúe viño e petisco.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...