HomeCulturaA exposición polos 25 anos do Camiño Francés como Patrimonio Mundial chegará...

A exposición polos 25 anos do Camiño Francés como Patrimonio Mundial chegará a Sarria

A exposición itinerante que conmemora o 25 aniversario do Camiño Francés na lista do Patrimonio Mundial da Unesco, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo, trasladarase nas vindeiras semanas ata Lugo, Palas de Rei e Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo lembra a Xunta, a mostra realiza unha retrospectiva sobre este “fito” que supuxo “un punto de inflexión” na peregrinación a Santiago no contexto do Xacobeo 93.

Durante as vindeiras datas a exposición recalará na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, para despois pasar por Palas de Rei e Sarria, sendo este o cuarto municipio que recibirá esta exposición na que foron invitados a participar todos os concellos desta Ruta Xacobea. A mostra púidose contemplar por primeira vez no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) o pasado mes de decembro, coincidindo co acto conmemorativo deste aniversario.

Ademais desta exposición, a Consellería de Cultura e Turismo promove diversos eventos e iniciativas para celebrar os 25 anos do Camiño Francés como Patrimonio Mundial. Entre eles, a Xunta destaca a recente iluminación en tons azuis de preto dunha decena de monumentos ao longo deste itinerario.

Esta acción permitirá que galegos e peregrinos poidan ser partícipes dun aniversario que marcou un antes e un despois para o Camiño de Santiago ata a súa dimensión e recoñecemento actual. Trátase dun dos itinerarios de peregrinación máis universais e que contribuíu decisivamente á protección e conservación do seu patrimonio así como tamén ao desenvolvemento socioeconómico de importantes cidades que forman parte do mesmo como Sarria.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...