HomeMedio ambiente e Patrimonio“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2...

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

O Museo Pazo de Tor acollerá os días 2 e 3 de xuño a quinta edición das Xornadas Pacegas, un encontro divulgativo que este ano terá como eixo temático a relación entre os pazos e a creación literaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará no papel dos pazos e casas grandes como centros culturais nos que a fidalguía se arrodeaba de persoas de prestixio no mundo das artes e das letras, convertendo estes lugares ora en suxeitos ora en obxectos de creación literaria.

No caso de Tor, son diversas os puntos de encontro entre e o Pazo e os seus habitantes e a creación literaria: os Garza adornaron a súa estirpe como trasuntos literarios da man de Benito Vicetto e Valle Inclán; as tertulias literarias ás que acudían Uxío Novoneyra e Manuel María, e tamén artistas como Enrique Navarro, podense entender extendidas ata a actualidade a través de iniciativas como as residencias literarias que se convocaron nos últimos anos pola Rede Museística e a Fundación Uxío Novoneyra.

Académicas, autoras literarias e divulgadoras culturais protagonizarán as ponencias e mesas que ao longo destas dúas xornadas se desenvolverán no Pazo de Tor, en horario de tarde. A asistencia, gratuíta, con inscrición a través do mail a concertacionsrmp@gmail.com.

Programa das xornadas


Luns, 2 de xuño

  • 16.30 horas. O Pazo de Tor, fogar da palabra. De profundis: ecos das voces soterradas na museoloxía da Rede Museística. Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo
  • 17.00 horas – 19:00 horas. Mesa 1: Casas e Pazos. Fogares da palabra.
    Manuel María, Da Terra Chá ao Monforte do Pazo de Tor – Alberte Ansede (Fundación Manuel María). A casa do señor de Pacios na d´Os Eidos a Ámeto Mítico, con desvío en Tor – Nieves Neira (Fundación Uxío Novoneyra) Meirás e Doña Emilia  María López Sández (Real Academia Galega). Modera: Uxío Novo

Martes, 3 de xuño

  • 17.00 a 19.30 horas. Literatura e Terra. Residencias literarias no Pazo de Tor -María Sánchez (poeta). Reboraina, Pedrayo e Bocarribeira – Patricia Arias Chachero (Fundación Otero Pedrayo). O mar de Manuel Antonio desde a fiestra da Casa – Anxo Angueira (Fundación Rosalía de Castro). O Ámeto mítico de Novoneyra – Uxío Novo (Fundación Uxío Novoneyra). Modera: Alberto Lema (escritor)

ÚLTIMAS

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa...