HomeCulturaPreséntase a imaxe promocional do Folión de Carros de Chantada, obra do...

Preséntase a imaxe promocional do Folión de Carros de Chantada, obra do alumnado local

A Asociación de Amigos do Folión, que organiza esta festa tradicional, contou un ano mais co alumnado dos centros educativos do municipio para elaborar a imaxe do Folión. Neste caso, co alumnado de IES Lama das Quendas, onde se organizou unha convocatoria para elaborar a imaxe desta edicion.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Vitoria García Fernández, de 4 de ESO do IES Lama das Quendas, é a autora da imaxe elixida este ano para a difusión da festa, unha intervención en cor sobre unha imaxe antiga do Folión. Ademais de figurar no cartel, a súa obra mostrarase nunah exposición en Chantada, xunto a outra ducia de debuxos tamén presentados á convocatoria.

O acto de presentación, que se celebrou no centro educativo, contou coa presenza de representantes da Asociacion de Amigos do Folión de Carros, profesorado e alumnado do centro, representes do Concello de Chantada, da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia da Deputación Provincial, que colaboran na organización desta festa tradicional que contribúe a a preservar a nosa cultura, a nosa historia e a nosa identidade colectiva, “unha oportunidade para que as novas xeracións coñezan as súas raíces nun ambiente de festa e comunidade”, destacan.

O Folión de Carros, declarado Festa de Interese Turístico galego, celébrase en agosto coincidindo coas Festas Patronais de Chantada.

Folión de Carros presentación cartel 2025 / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...