HomeMedio ambiente e PatrimonioPantón presenta as 36 Xornadas da Rota do Románico

Pantón presenta as 36 Xornadas da Rota do Románico

As diferentes conferencias e concertos terán como escenario o salón de actos da Casa da Cultura, o Mosteiro cisterciense de Ferreira e a Igrexa de Santo Estevo de Atán. A primeira actividade será este domingo, 29 de xuño, ás 19:00h. no xardín do Mosteiro cisterciense. Peitoescuro, formado por María Rojo e Rubén Gutiérrez, ofrecerá un concerto de folclore ibérico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 29 de xuño ao 30 de agosto o Concello de Pantón celebra a 36 edición das Xornadas da Rota do Románico. A programación presentábase este mércores na igrexa románica de San Miguel de Eiré. Do acto participaron o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, a concelleira de Cultura, Cristina Domínguez, a representante do VII Fest Clásico Ribeira Sacra, Luz Barriga e a coordinadora das Xornadas, Flora Enríquez.

O 4 de xullo, o salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira acolle a presentación da reedición do libro, Cantigas e Cantos de Pantón de Manuel María. A cita ás 20:00h contando coa presenza de Alberte Ansede Estraviz, presidente da Fundación Manuel María e José Manuel Ledo López, exalcalde de Pantón. Haberá tamén actuación dun grupo de música tradicional.

A seguinte actividade terá lugar o 11 de xullo coa conferencia, Don Cruz Puente Ordax: Veterano de Cuba y Alcalde de Pantón, a cargo do politólogo e xenealoxista, Sergio Martínez Cotos. Será ás 20:00h. no salón de actos da Casa da Cultura.

Seguiralle o 18 de xullo, ás 20:00h, neste mesmo escenario, a presentación do VII Fest Clásico Ribeira Sacra e a inauguración da exposición de pintura, Ribeira Sacra Cultural coa intervención do pintor, Modesto Trigo (Casa Museo Genia Trigo – Gundivós).

As dúas últimas cita da Rota do Románico de Pantón serán coa música e forman parte do VII Fest Clásico Ribeira Sacra. O 26 de xullo ás 19:30h. na igrexa do Mosteiro cisteciense de Ferreira, terá lugar a XIII Sinfonía no Mosteiro con Iria Folgado e cuarteto de corda. Xa o 30 de agosto ás 19:30h a igrexa románica de Santo Estevo de Atán acollerá a actuación dun sexteto de corda que interpretará a Kodaly e Brahms.

Flora Enríquez destacou as imaxes do cartel e do díptico informativo, “o primeiro recolle o claustro do Mosteiro cisterciense coa figura dunha monxa para insistir en que aquí se conserva a vida monástica; no díptico contamos coa imaxe dos capiteis interiores da igrexa deste templo”.

Todas as actividades da Rota do Románico de Pantón teñen entrada libre e gratuíta, o alcalde, José Luis Álvarez, agradecía a dedicación de Flora Enríquez a estas xornadas e animaba á participación nas actividades, “que axudan a coñecer e dinamizar o noso patrimonio e a nosa cultura. O románico sempre foi importante para Pantón e fomos pioneiros en recuperalo e promocionalo. No ano 90, o anterior alcalde, José Manuel Ledo, comezou a restaurar as igrexas, despois outros concellos comenzaron a recuperar o seu románico. Hoxe vemos e agradecemos as actividades que se fan para promocionar o románico, como o programa de visitas que desenvolve a Deputación. O turismo de Pantón está repartido ao longo de todo o ano grazas aos edificios románicos que temos restaurado. Esperamos que nos visite moita xente”.

“Desde que comezamos nos 90 cambiaron moito as cousas. Agora os edificos mantéñense en pé, algúns con máis acerto que outros. Pero o noso patrimonio non son só os templos, é tamén a paisaxe. Ao contar con 3 ríos temos 3 ribeiras moi fermosas e os seus viños. Toda a arquitectura popular de pontes, muíños, fontes… O cruceiro máis antigo datado na provincia de Lugo témolo nos límites das parroquias de Santiago de Castillón e San Vicente de Castillón. Todo iso e a xente, forman o noso patrimonio. Todos podemos colaborar na súa conservación e transmisión”, concluía Flora Enriquez.

Esta XXXVI edición da Rota do Románico de Pantón está organizada polo Concello de Pantón coa colaboración de da Deputación Provincial de Lugo e Fest Clásico Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

San Xoán de Río leva o mellor do seu rural ao C.C. Ponte Vella de Ourense

O Concello de San Xoán de Río visibilizará o seu territorio, iniciativas e potenciais este sábado 28...

Pantón presenta o seu Verán Cultural e abre as Piscinas Municipais

O Trail Heroica Sacra está organizado polo club Galaico Trail Run e a peña...

51.000€ para renovar a cuberta da Casa da Cultura de Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o conselleiro de Cultura, Lingua e...

Nova executiva do PSOE de Láncara

Este encontro contou coa participación de militantes do municipio, do alcalde de Láncara, Darío...