HomeCulturaActividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Na programación do Verán Cultural a maior parte das propostas terán lugar na Praza do Cantón. A primeira cita será o mércores, 2 de xuño (20:00h.) co espectáculo, Maxicamente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada, desde a Concellaría de Cultura, desenvolve unha variada programación cultural a través do Verán Cultural 2025. Terán lugar máis dunha vintena de actividades que inclúen espectáculos de maxia, cine, teatro, música, circo, espectáculos infantís e outras propostas entre as que destacan as Festas Patronais na honra á Virxe do Carme, que se celebrarán do 21 ao 26 de agosto.

Na programación do Verán Cultural a maior parte das propostas terán lugar na Praza do Cantón. A primeira cita será o mércores, 2 de xuño (20:00h.) co espectáculo, Maxicamente. O sábado, 5 de xuño, (20:00h.) a cita será co teatro, “A illa do tesouro”. O mércores, 9 de xullo (20:00h.) terá lugar o espectáculo de clown, Comediante. Xa o sábado, 12 de xullo, chegará a proposta de variedades Ghop. O público infantil contará o mércores, 16 de xullo (20:30h.) con Galiña Josefina. Para xa o venres, 18 de xullo (20:30h.) gozar coa música de Iberia Marina.

Na rúa Xoán XXIII terá lugar o sábado, 19 de xullo, un concerto de Roi Casal que dará comezo ás 23:30h. O mércores, 23 de xullo, volven as citas á Praza do Cantón, ás 20:00h contarase co show infantil, Humor á cara, e o mércores, 30 de xullo (20:00h.), a música chegará da man de Amoradous.

A programación do Verán Cultural abrirase en agosto o día 1. Nesa xornada haberá varias funcións do Mago Antón na Praza de Galicia. Para o día 2, sábado, regresar á Praza do Cantón onde ás 20:00h actuará A banda dos insectos. As seguintes citas serán co clown, o mércores, 6 de agosto, ás 20:00h con Sinfonía Caótica; e o venres, 8 de agosto, ás 21:00h con Conciencia Malabar. Celebraremos as Noites á luz da lúa coa Banda de Música de Chantada, o sábado, 9 de agosto desde as 20:00h.

Do martes, 12 de agosto ao xoves, 14 de agosto, desde as 22:30h. terá lugar Cine no Cantón. O sábado, 16 de agosto, (20:00h.) seguimos na Praza do Cantón co clown Rogelio3 La Fete. Do luns, 18 de agosto, ao mércores, 20 de agosto, desenvolverase a Semana do Teatro, comenzando ás 22:00h as distintas representacións na Praza do Cantón. Despois das Festas Patronais que se celebran entre o 21 e o 26 de agosto, queda unha última cita no Verán Cultural, o sábado, 30 de agosto, haberá un novo espectáculo de maxia na Praza do Cantón, ás 20:00h comezará Flash & Brother.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, destaca a variedade e calidade de actividades, pensadas principalmente para pasar en familia, gozando dalgúns dos puntos máis emblemáticos da vila do Asma, “Durante os meses de verán recibimos en Chantada a numerosos visitantes que chegan atraídos polas paisaxes e os recursos de lecer. Con esta programación cultural ofrecemos tamén complementos de interese ao seu tempo en Chantada, contando con música, humor, maxia, teatro,… Mantemos ademais esas actividades emblemáticas, que xa levan décadas celebrándose como a Semana de Teatro ou as cita co Cine no Cantón e por suposto as Festas Patronais. Invito a todo o mundo a que este verán se achegue a Chantada.”



ÚLTIMAS

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...